
O PP de Burela mantivo onte luns unha reunión con veciños da Vila do Medio onde se falou amplamente sobre o Plano Xeral de Ordenación Municipal. Mañán, mércores, o PP burelés manterá outra reunión con veciños da zona de Os Castros na cafetería Bitácora ás sete e media da tarde.