Site icon Crónica3.com A Mariña

Sarabela Teatro presenta “Tango” en Viveiro

O Sábado 21, ás 20,30, Sarabela teatro presenta no Teatro Pastor Díaz a súa obra “Tango”. “Viu a luz a obra que o teatro precisaba e que o público esperaba. Unha partitura precisa e limpa”; isto foi o que os críticos escribiron cando se estreou “Tango” hai 47 anos. Desde entón “Tango” segue sendo unha das obras máis relevantes do teatro polaco en todo o mundo.

Exit mobile version