Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais de Ribadeo e Burela informa da apertura do prazo do Programa de Benestar en Balnearios

ATA O VINDEIRO 11 DE MAIO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS, SEGUNDO INFORMA A DELEGACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS.

Burela, 26 de abril de 2012. A Concellería de Servizos Sociais informa que o prazo do Programa de Benestar en Balnearios (anteriormente Turismo Social) da Xunta de Galicia, dirixido ás persoas maiores, permanece aberto ata o 11 de Maio. Os interesados en disfrutar de dito programa deben cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista.

b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Valerse por sí mesmo, atoparse en consicións de asistir ó Programa e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.

d)Non padecer trastornos mentais ou conductuais que poidan altera-la convivencia durante o transcurso da quenda.

e)Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

f) Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61€.

g) Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado (agás no caso de parazas gratuitas), no prazo que se estableza.

A Delegación de Servizos Sociais, que dirixa Diana Durán, engade que poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga á conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d), e), f) e g).

As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta dos beneficiarios. Para obter máis información e parab entregar a documentación e a solicitude os interesados deberán dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Burela, de 8 a 15 horas.

Remitido
A CONCELLARÍA DE SERVIZOS SOCIAIS INFORMA QUE ATA O 11 DE MAIO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2012.

Ribadeo, 26 de abril de 2012. A Concellaría de Saúde e Servizos Sociais informa que ata o vindeiro 11 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa Benestar en Balnearios 2012. Os interesados en obter información sobre este asunto deben dirixirse aos Servizos Sociais Comunitarios que están no auditorio municipal Hernán Naval.

Obxecto:

Convócanse un total de 720 prazas para participar no Programa Benestar en Balnearios 2012, a desenvolver nas quendas e nos balnearios que se relacionan máis adiante.

A opción das prazas que se ofertan este ano corresponden a modalidade de Balnearios todo incluído, e a selección farase nas Xefaturas Territoriais.

Persoas beneficiarias e requisitos

Para ser beneficiario deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

a. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.

b. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia

c. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no Programa.

d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.

e. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

f. Ter uns ingresos persoais mensuais, procedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61 €.

g. Efectuar a oportuna inscrición e pagamento do prezo estipulado, no prazo e termos que se establecen nos apartados que se indican na resolución.

Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou os que acrediten relación análoga a conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d), e), f) e g).

Os requisitos establecidos nos apartados c), d) e e) acreditaranse mediante declaración responsable do estado de saúde efectuada no modelo que acompaña á solicitude.

Balnearios

Listaxe de quendas e balnearios incluidos no programa 2012

As persoas solicitantes poden pedir balnearios de calquera provincia, sendo o desprazamento por conta das beneficiarias.

Prezo da praza por destino para a/o participante

Balnearios Prezo por praza
Balneario de Acuña. Caldas de Reis (Pontevedra) 370,64 €
Balneario de Arnoia. Arnoia (Ourense) 370,64 €
Balneario de Augas Santas. Ferreira de Pantón (Lugo) 391,76 €
Balneario de Baños da Brea. Vila de Cruces (Pontevedra) 370,64 €
Balneario de Baños de Molgas. Baños de Molgas (Ourense) 310,88 €
Balneario de Caldelas de Tui.Tui (Pontevedra) 310,88 €
Gran Balneario. O Carballiño (Ourense) 310,88 €
Balneario de Carballo. Carballo (A Coruña) 370,64 €
Termas de Cuntis. Cuntis (Pontevedra) 391,76 €
Balneario de Laias. Cenlle (Ourense) 391,76 €
Balneario de Lobios.Lobios (Ourense) 370,64 €
Balneario do Río Pambre. Palas de Rei (Lugo) 370,64 €
Balneario Termas Romanas. Lugo (Lugo) 391,76 €

Documentación

               Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto do solicitante como do cónxuxe ou acompañante cando proceda.

               Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede ( no caso de non asinar na solicitude a autorización para a súa consulta)

               Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluído na solicitude.

No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude, para a súa baremación conxunta.

Lugar de presentación:

               Servizos Sociais Comunitarios

Excmo. Concello de Ribadeo

(Auditorio Municipal Hernán Naval)

Rúa Buenos Aires, nº 14

982120808

Prazo de presentación

Ata o 11 de maio de 2012

Remitido

Exit mobile version