Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ considera que o goberno do concello non é capaz de conseguir ingresos para as festa do San Lourenzo

UNIFOZ, despois de analizados os datos que nos foron entregados das contas das festas do San Lourenzo, temos que propoñerlle ao E.Goberno de Foz que non organice as festas do San Lourenzo ante a súa incapacidade de conseguir ingresos para as mesmas debido a súa falta de capacidade, e falta de traballo e implicación e dada a situación do concello.

Os resultados das festas do San Lourenzo do ano 2011 indican que xeraron un déficit ao Concello de 54 .000 € dun presuposto de 73.000 €, todo isto como consecuencia de non haber conseguido nada máis que 19.000 € de ingreso para as mesmas.

UNIFOZ, non logra entender, como no ano 2009 (segundo os datos que teñen todos os partidos políticos), a comisión conseguiu 61.000 € de ingresos, e so puxo o concello 14.634 €

Dende o E.goberno do PP de Foz, se nos informa, que foi pola crise, polo que só lograron conseguir 19.000 €, algo que non compartimos, pois si así fora , este ano aínda podería ser peor entón.

É por iso que lle propoñemos, que axusten o presuposto das mesmas ou do contrario non as organicen, pois dada a situación do Concello, non podemos permitirnos outro déficit de preto de 60.000 .€, seguro que eses cartos os podemos destinar a servizos máis importantes e necesarios para os veciños como poden ser en axuda no fogar, tendo en conta a situación na que quedan os Concellos despois de que a Xunta de Galicia os deixen sen axuda.

Exit mobile version