Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ rexeita as mentiras do alcalde de Foz

UNIFOZ, ten que rexeitar unha vez máis as mentiras do Sr. Castiñeira e o seu E.G. do PP de Foz.

-Fai uns días dicía o Sr Alcalde que se non se aprobaba o plan de axuste podía haber problema co salario dos traballadores.

-Días máis tarde a proposta de UNIFOZ, modifica en parte o plan de axuste sacando ingresos (impostos aos veciños ) e recortando en gastos.

Despois de non se aprobar o plan de axuste, agora di que non hai problema que sairemos a diante.

E mañá que dirá?? É difícil encontrar a unha persoa que cambien tanto de postura e en tampouco tempo, sen criterio, con ameazas, coaccións, mentiras.

Di que non se aprobou o plan de axuste por PSOE e UNIFOZ, pois tamén é unha mentira, o plan de axuste que presentou so o votou a favor o E.G. do PP.

O PP de Foz, pretendía co seu PLAN DE AXUSTE subir os impostos aos veciños para ingresar cinco millóns de euros máis (5.000.000 €) nos vindeiros dez anos.(incluíndo a taxa de depuración), sen apenas tocar os gastos nin reorganizar os servizos. UNIFOZ,fíxolle unha única proposta ao Sr Alcalde , e díxolle ao Sr. Castiñeira as medidas que tiña que modificar para que UNIFOZ votara o plan de axuste (menos impostos aos veciños e recortar gastos e reorganizar servizos), o Sr. Alcalde foi modificando unha un día, outra outro día para tantear, UNIFOZ vista a posición o xoves antes do pleno por escrito díxolle o seguinte:

UNIFOZ non votará o plan de axuste con proposta de incremento do IVTM

UNIFOZ non votará o plan de axuste con proposta de incremento de tarifa para E. Deportivas

UNIFOZ non votará o plan de axuste con proposta de incremento para actividades culturais.

UNIFOZ non votará o plan de axuste con proposta de incremento do 100% das tarifas de publicidade en Radio Foz

Así pois o Sr. Alcalde coñecía a postura de UNIFOZ, moito antes do pleno, e si non se aprobou o plan foi pola súa negativa a modificar estas catro cousas, que pola su prepotencia e falta de consenso non lle deixaron ver o posible acordo.

As medidas expostas anteriormente supoñían uns 4.000 € (catro mil) en ingresos, que con poñer en festas – 4000 € (catro mil) ou noutras partidas, xa o tiña equilibrado.

O sr Castiñeira minte cando di que a culpa de non aprobarse o Plan de Axuste é de UNIFOZ, a culpa é da súa pouca seriedade e falta de consenso.

UNIFOZ, analizada a situación e vista a minoría de idade política e persoal do Sr. Alcalde, xa lle anuncia ao Sr. Castiñeira que non se sentará nunca máis a negociar sen que na mesa nos acompañe algún membro máis do goberno ou a secretaria do concello.

Exit mobile version