Burela e o pavillón Vista Alegre terán a honra de acoller a fase final do Campionato Provincial de Deporte Escolar nas categorías benxamín e alevín. Será o vindeiro sábado, 5 de maio.
No conxunto anfitrión, o ED EON Burela FS, recaerá o privilexio de abrir a xornada nas dúas categorías. Os alevíns laranxas mediranse ao Azkar Lugo ás 10.30 e unha hora máis tarde farano os benxamíns ante o Lumieira, da cidade amurallada. O segundo encontro alevín está previsto para as 12.30 horas, entre o ED Lourenzá e o Lumieira. Praia de Covas e Salesianos, tamén dende a capital luguesa, protagonizarán o último encontro da mañá, na categoría benxamín, ás 13.30 horas.
Xa pola tarde, as pugnas polo terceiro e cuarto posto darán paso ás finais.
10:30 horas: ED EON BURELA FS-AZKAR PRONE (Alevín)
11:30 horas: ED EON BURELA FS-LUMIEIRA (Benxamín)
12:30 horas: ED LOURENZÁ-LUMIEIRA (Alevín)
13:30 horas: PRAIA DE COVAS-SALESIANOS (Benxamín)
16:00 horas: 3º- 4º POSTO (Alevín)
17:00 horas: 3º-4º POSTO (Benxamín)
18:00 horas: FINAL ALEVÍN
19:00 horas: FINAL BENXAMÍN
20:00 horas: Entrega de medallas