Site icon Crónica3.com A Mariña

Vista Alegre recibe o FC Barcelona B Alusport coas ausencias de Ique e Purao

VISTA ALEGRE RECIBE O BARCELONA, COAS AUSENCIAS DE IQUE E PURAO

Vista Alegre recibe mañá o FC Barcelona B Alusport na tentativa laranxa de regresar aos postos de privilexio da fase de ascenso, coas ausencias de Ique, que cumprirá un partido de sanción tras a expulsión ante o Sala 5 Martorell, e Purao, cunha rotura de menisco que o obrigará a manter repouso durante uns días por prescrición médica. A vixésimo oitava xornada de Segunda dará comezo en Burela ás 21.00 horas.

O Burela FS Pescados Rubén intentará amortecer a mala fortuna finalizadora que o sábado pasado lle impediu facerse coa vitoria fronte ao Martorell (1-1) ante o conxunto catalán, que chegará á bisbarra mariñá nunha boísima cuarta praza (42 puntos), aínda que sen opción a disputar o play off pola súa condición de filial.

A falta de tres xornadas para o remate ligueiro e 35 puntos no seu poder, o cadro laranxa depende de si mesmo para coarse entre os mellores. Fronte ao Barcelona, o Burela FS verase obrigado a despregar o potencial e coraxe da bomboneira para volver canto antes á zona nobre, nunha fenda case imperceptible de 1 só punto. UMA Antequera, que visita o líder granadino, e UA Ceutí, que viaxa a Hospitalet, son o obxectivo máis inmediato, defendendo a novena e décima praza, con 36 puntos.

Julio Delgado poderá contar de novo cos xuvenís Antón e Keko, presentes xa ante o Sala 5, ademais de Carlos e Souca.

Primeira División Feminina. A vixésimo sexta xornada de Primeira, entre o Burela FS Pescados Rubén e o Lacturale Orvina, disputarase o martes 1 de maio. Vista Alegre acollerá a cita ás 12.00 horas.

Exit mobile version