Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña volta entusiasmada da viaxe a Manzaneda

A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA” VOLTA MOI ENTUSIASMADA DA VIAXE A MANZANEDA

Hoxe, acaban de chegar varios usuarios dos CENTROS DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAIS da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” xunto con un Monitor dos mesmos, Manuel Boullosa Rodríguez de Manzaneda (Ourense) no marco dun programa de ocio e tempo de lecer de FEAFES GALICIA .

A viaxe realizouse xunto con mais usuarios e monitores de outras asociacións pertencentes a FEAFES (Morea, Alba, Lenda, Doa , Andaina , Albores , Lar e Avelaíña); sitas en distintas localidades galegas.

Este viaxe tivo unha duración de 5 días. Os usuarios disfrutaron nesta estancia de actividades culturais e deportivas como natación, tiro con arco, escalada, cabalos, rutas de sendeirismo ….así como actividades de integración social como foron festas, concursos, discoteca, xogos tradicionais e talleres medioambientais…. Todo isto nun marco incomparable, como é Manzaneda. (Adxunto fotografías de distintas actividades)

Con estas actividades persegueuse favorecer as habilidades sociais, ampliación da rede de apoio e desenvolvemento de actitudes fundamentais como a empatía, o respeto e a solidariedade, ao mesmo tempo que se ofreceu un espazo de esparcemento e relaxación para os nosos usuarios.

Esta actividade repercutiu moi positivamente na mellora terapéutica de todos eles , aumentando a súa calidade de vida, e fomentando relacións de amizade . Teño que destacar, que ó seu regreso , contaban con moito entusiasmo ós seus compañeiros, toda a experiencia vivida.

Exit mobile version