Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación “O parto é noso” proxecta en Foz un documental con motivo da Semana Mundial polo Parto Respectado

Semana Mundial polo Parto Respectado 2012

El Parto es Nuestro/ O parto é noso celebra a Semana Mundial polo Parto Respectado (SMPR) coa proxección do documental “O negocio do nacemento”

Baixo o lema “O nacemento e a economía”, a Semana Mundial polo Parto Respectado (SMPR) reunirá, do 21 ao 27 de maio, a diversas institucións que en todo o mundo defenden os dereitos das mais e os bebés no parto e no nacemento. A Semana Mundial polo Parto Respectado é unha iniciativa de AFAR (Alliance Francophone pour l’Accouchement Respecté) unha organización francesa non lucrativa fundada en 2003. Sendo un órgano autónomo de cidadáns, non defende ningún dogma ou teoría nin tampouco ten inclinación filosófica, médica, relixiosa ou política Cada ano se propoñen obxectivos e ideas para realizar segundo un lema, sendo o deste ano “o nacemento e a economía”.

Con este motivo, a asociación El parto es nuestro/ O parto é noso en colaboración con centros e asociacións de todo o Estado organizou una serie de presentacións do documental “The Business of being born” (“O negocio do nacemento”) de Ricky Lake (productora) e Abby Epstein (directora). Estas presentacións desenvolveranse durante esta semana en 50 sedes diferentes. Logo de cada sesión está prevista a presentación de “Os custos do parto no estado” e un debate posterior entre os asistentes. A entrada é libre e gratuíta. A proxección na Mariña será o venres 25 ás 18:00h no salón de actos do CENIMA de Foz.

www.elpartoesnuestro.es

http://elpartoesnuestro.es/opartoenoso/

opartoenosolugo@gmail.com

Exit mobile version