Os pequenos pasáronllo en grande e puideron coñecer de primeira man e practicar cun dos instrumentos cuxa especialidade se imparte no conservatorio mariñán.
Anxo Soto, veciño de san Ciprián e profesor neste centro, coordinou este encontro coa finalidade de dar a coñecer aos nenos e aos seus pais como funciona o conservatorio e as xestións necesarias para ser alumno, así como as distintas especialidades e instrumentos que forman parte da oferta.
Tamén convidaron a todos os pequenos a acudir o luns, Martes e Xoves a partir das 17.30 h ao conservatorio para coñecer máis de preto a oferta musical así como as instalacións.