Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT do Concello de Barreiros programa un curso sobre o uso do D.N.I. electrónico

A Aula CeMIT de Barreiros acollerá os días 5 e 6 de Xuño o curso de “Administración electrónica: Uso do D.N.I. electrónico”. Os obxectivos desta actividade son: Coñecer os diferentes elementos que compoñen o DNIe. Saber como instalar e usar o DNIe. Utilizar o DNIe en diferentes trámites coas Administracións Publicas. Firmar dixitalmente un documento co DNIe. O horario será de 19:00 a 20:30 horas. Todos os participantes recibirán como agasallo un lector de DNIe. Para inscribirse ou para solicitar máis información dirixirse ao Aula CeMIT de Barreiros, sito en Ctra. da Praia, 1 (Teleclub San Cosme), chamar ao teléfono 982 124 002, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.barreiros@xunta.es

Exit mobile version