BURELA ACOLLE DESDE HOXE UN CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO PARA FOMENTAR A ADOPCIÓN DE CONDUTAS MÁIS SOSTIBLES E RESPONSABLES CO NOSO PLANETA.
Burela, 7 de maio de 2012. A Concellería de Mar e Medio Ambiente organiza un ciclo de cine ambiental e solidario denominado Butaka verde co obxectivo de fomentar a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables co noso planeta. As proxeccións serán na Casa da Cultura os días 7, 8 e 10 de maio a partires das 19:30 horas. A entrada é gratuíta e aberta ao público en xeral.
A primeira das proxeccións será hoxe luns, 7 de maio. Trátase de Al calor de las chimeneas. O desenrolo enerxético en España aumenta desorbitadamente, a queima de combustibles fósiles conleva un cambio climático, pero ameaza mais a corto prazo á xente que vive xunto ás grandes industrias, zonas degradadas que albergan agora historias de familias con malformacións e a mais alta taxa de mortalidade de España. O medio ambiente é outro gran perxudicado, vertidos ao mar, choiva ácida e un quentamento tanto das súas augas como da atmósfera centran este documental.
Mañá martes, 8 de maio, proxectaráse o filme Retratos en los confines del mundo. O Sahara foi sempre o noso deserto, un icono da xeografía sentimental. A adhesión dunha gran parte da sociedade española á causa saharaui é inquebrantable. A axuda humanitaria e alimentaria desde a cooperación dirixida aos refuxiados saharauis é o punto de partida deste documental.
E o xoves, 10 de maio, será o momento de poder ver Labregos do mar, dirixido por Cibrán Isasi. Neste documental poderáse ver en qué consiste e como se vive unha costeira do bonito, as descargas de peixe, a poxa, pero tamén a pesca. Armadores, poxadores, xente do mar, pero tamén os mariñeiros e as súas familias contan como é a súa vida, as súas vivencias, como é a vida en alta mar e cando están en terra.