
Dentro dos actos programados nas actividades de celebración das Letras Galegas 2012, actuou a contacontos Marisa Irimia co espectáculo “Historias dende o planeta jijo”, que se desenvolveu de 11:00 a 12:00 horas na aula infantil da biblioteca Municipal de Xove. A actuación de Marisa Irimia estivo adicada aos nenos/as de Infantil do CEIP Pedro Caselles Rollán, concretamente aos de 4º, 5º e 6º de Infantil (4, 5 e 6 anos). Un total de 54 nenos disfrutaron gratuitamente desta actuación.