Site icon Crónica3.com A Mariña

A Copa da Mariña, o torneo dos Meigallos de Sarria e competicións regulares ateigan a axenda da base laranxa


A COPA DA MARIÑA, O TORNEO DOS MEIGALLOS DE SARRIA E COMPETICIÓNS REGULARES ATEIGAN A AXENDA DA BASE LARANXA

A base laranxa ultima detalles para afrontar unha axenda ateigadísima esta fin de semana co inicio da Copa da Mariña, o VII Torneo Os Meigallos-San Juan de Sarria e as competicións regulares de liga e copa, aderezadas tamén con algún que outro amigable.

O ED EON Burela FS Infantil e Benxamín B comezarán a andadura da Copa da Mariña mañá, no pavillón Vista Alegre. [vid. Calendario adxunto]

No Torneo de Sarria (11, 12 e 13 de maio), a escola laranxa terá representación nas categorías de benxamín e alevín. [vid. Calendario adxunto]

OUTRAS COMPETICIÓNS:

Copa Nacional Xuvenil
Burela FS-Azkar Lugo FS
Domingo 13 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Cadete
Burela FS Espina & Delfín-Hércules (suspendido por incomparecencia comunicada do rival)

Copa Autonómica Infantil
ED EON Burela FS-Lumieira
Sábado 12 de maio, ás 16.00horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS-Azkar Lugo FS (xornada 18 aprazada)
Domingo 13 de maio, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Amigables
ED O Valadouro-Burela FS Espina & Delfín
Sábado 12 de maio, ás 12.30 horas, no pavillón de Ferreira do Valadouro

Exit mobile version