Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Alfoz aprobou unha moción para que o servizo de escolas deportivas sexa conxunta co Valadouro

Independentes polo Val

No pleno celebrado ontes martes día 29, aprobouse a  moción para que o servizo de escolas deportivas se preste de forma conxunta co Valadouro e facultar ó alcalde para que realice as xestións oportunas diante do concello concello veciño.

Dende o grupo independente mostrámonos moi sorprendidos xa que o alcalde aceptou a proposta pero sempre e cando o servicio non se prestara a través da mancomunidade, senón por medio dun simple convenio entre ambos concellos. Xa no mesmo pleno aprobamos o convenio de colaboración entre os dous concellos do Val do Ouro para a xestión do punto limpo, que tampouco se fai a través da mancomunidade.

Os alcaldes do Val do Ouro continúan a caer en contínuas contradiccións, foron eles quen manifestaron públicamente ante a nosa proposta de fusión, que ían potenciar a mancomunidade Río Ouro, mancomunidade que está totalmente vacía de contido, e ahora veñen decindo que os servicios que se presten e mellor non facelos por medio deste organismo.

Están mostrando un total falta de responsablilidade,  coa que está caendo creo que xa e hora de que comencen a amortizar o soldo que lles pagamos os veciños.

Dende Independentes polo Val parécemos positivo que o pp aplauda e apoie as nosas iniciativas pero como xa lle dixemos no pleno, o que cobra para dirixir o concello é o alcalde e non podemos ser nós, dende a oposición quen lle marquemos continuamente o plan de traballo a seguir.

Por outro lado o alcalde non foi capaz de responder no pleno a pregunta feita por IPV sobre si lle contestaran a Xunta a encuesta remitida por esta sobre o servicios que se podían unificar e o no que podía colaborar a Xunta, algo realmente lamentable por parte da alcaldía.

Exit mobile version