A ED EON BURELA FS TRIUNFA NO TORNEO SARRIAO OS MEIGALLOS 2012
A ED EON Burela FS triunfou no Torneo Os Meigallos San Juan 2012 en Sarria esta fin de semana, con pleno de títulos. Alzouse co trofeo de campión nas dúas categorías nas que participaba, co Benxamín e Alevín A.
Os máis pequenos, dirixidos por Iván Cao, fixéronse co ansiado premio tras vencer por 5-2 ao Azkar Lugo na gran final. O conxunto mariñán conseguiu o acceso ás semifinais tras gañar 0-9 ao Azkar Terra e 1-9 ao anfitrión, Os Meigallos, onde venceu tamén con contundencia, ao Quiroga (13-2).
No primeiro paso dos rapaces de Marcelo Santoro puideron impoñerse aos quirogueses (1-3) e sucumbiron fronte aos de Monforte de Lemos (3-1). No entanto a vitoria ante os lugueses (4-1) das semifinais deulles o pulo necesario para sobrepoñerse e alzarse co título en revancha nun novo enfrontamente co Escolapios (3-1). O segundo representante alevín, de Carlos Moreno, non tivo tanta fortuna; caeu na fase de grupos ante os sarriaos (4-2) e os transportistas (5-0).
O traballo individual dos xogadores laranxas tamén foi premiado. O alevín Luismi Nieto foi recoñecido como Mellor Porteiro e os benxamíns Pol Bassa e Noel Díaz recibiron o recoñecemento de Mellor Xogador e Máximo Goleador, respectivamente.
OUTROS RESULTADOS
Copa Nacional Xuvenil
Burela FS 4-6 Azkar Lugo FS
Copa Autonómica Infantil
ED EON Burela FS 6-4 Lumieira
Liga Autonómica Infantil
ED EON Burela FS 1-4 Azkar Lugo FS (xornada 18 aprazada)
Amigables
ED O Valadouro 3-10 Burela FS Espina & Delfín
Copa da Mariña
AD Praia de Covas Benxamín 8-2 ED EON Burela FS Benxamín B
ACD Xove Infantil 1-4 ED EON Burela FS Infantil
ED EON Burela FS Benxamín B 0-3 Escola Celeiro Flanagan’s Benxamín
Cidade de Viveiro Infantil 3-8 ED EON Burela FS Infantil