HILDA RODRÍGUEZ ACHEGA A ELITE PARALÍMPICA, NAS XORNADAS DO DEPORTE DE IMDECUM
Como modelo de superación, Hilda Rodríguez recordou a súa carreira deportiva, dende os inicios en atletismo e lanzamento de peso ata os grandes triunfos en boccia; ademais compartiu algunha das innumerables experiencias en competicións rexionais, campionatos do mundo, paralimpíadas…
Co orgullo natural dun deportista de elite e entre os seus numerosos títulos e recoñecementos nacionais e internacionais, Hilda Rodríguez tamén lles amosou aos asistentes as medallas de ouro que conseguiu nas paralimpíadas de Atlanta 96, nas especialidades de boccia individual e colectica, e a medalla ao Mérito Olímpico Español.
A luguesa non quixo despedirse da Mariña sen incidir na importancia de promover unha práctica deportiva en igualdade e sen barreiras, ademais de realzar a relevancia do voluntariado e a necesidade da aplicación de fisioterapia para os deportistas paralímpicos.
A psicóloga deportiva Juana Blanco clausurará as xornadas o 24 de maio.
LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.00 horas