Site icon Crónica3.com A Mariña

A proposta do PP, o Parlamento Galego creará un grupo de traballo para consensuar melloras de seguridade para os pescadores deportivos

O portavoz do Mar, Jose Manuel Balseiro, adianta a súa satisfacción despois de que PSOE e BNG aceptasen na súa integridade a emenda popular

O PARLAMENTO GALEGO APROBA, A PROPOSTA DO PP, A CONSTITUCIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO PARA CONSENSUAR MELLORAS EN MATERIA DE SEGURIDADE PARA OS PESCADORES DEPORTIVOS

 Integrado polas asociacións máis representativas neste ámbito, a Federeación Galega de Pesca Deportiva, os grupos políticos e a Consellería do Medio Rural e do Mar avaliará e realizará propostas neste ámbito

Santiago, 24 de maio de 2012.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia vén de aprobar está mañá a proposta do Grupo Popular para que se constitúa un grupo de traballo dirixido a consensuar diversas melloras en matería de seguridade para os pescadores de portivos.

Os populares solicitaron a través dunha emenda que este grupo fora integrado polas asociacións máis representativas neste ámbito, as tres forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia (PP, PSOE e BNG) e a Consellería do Mar. O acordo definitivo establece, así mesmo, un prazo de tres meses para que se constitúa este grupo e que nel tamén participe a Federación Galega de Pesca Deportiva.

TRABALLAR DA MAN DO SECTOR

O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa satisfacción despois de que socialistas e nacionalistas aceptasen na súa integridade a emenda popular e adiantou que a intención do PP coa proposta que finalmente prosperou é traballar da man do sector –que no caso da pesca deportiva está representado por unha serie de colectivos moi diversos e amplos- para que a normativa resultante en materia de seguridade sexa obxecto dun proceso participativo no que se acade o máximo consenso .

Exit mobile version