Site icon Crónica3.com A Mariña

A psicóloga Juana Blanco despediu as I Xornadas de Deporte Academia Imdecum que acolleu o IES Monte Castelo de Burela

A PSICOLOXÍA NO DEPORTE DESPEDIU AS I XORNADAS DO DEPORTE ACADEMIA IMDECUM

Venres 25 de maio. A psicóloga Juana Blanco despediu onte as I Xornadas de Deporte Academia Imdecum que acolleu o IES Monte Castelo de Burela no último mes. A especialista profundou nas funcións e roles do psicólogo deportivo, así como no binomio estrés-motivación na actividade física e na aplicación da psicoloxía dende as actividades de ocio ata o alto rendemento deportivo.

Xunto á intervención da psicóloga, outros tres temas centraron a exitosa primeira edición do ciclo deportivo da Academia Imdecum: “Arbitraxe: Un deporte máis”, do presidente do Comité Galego de Árbitros de Fútbol, José Antonio Pérez Muíño; ‘Scouting en ElPozo Murcia’, coa participación da xogadora do Burela FS Pescados Rubén Haydee Agras; e as experiencias da ex-deportista paralímpica Hilda Rodríguez.

A iniciativa da Fundación Imdecum contou coa colaboración do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, o Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, o IES Monte Castelo e o CD Burela FS.

Exit mobile version