HAYDEE AGRAS: ‘A ANÁLISE DE ESTATÍSTICAS É IMPRESCINDIBLE PARA O RENDEMENTO DEPORTIVO DE ELITE’
“Para deportes como o voleibol, hóckey herba, baloncesto ou fútbol americano é un labor primordial na dinámica de traballo”, explicou Haydee. A xogadora tamén fixo referencia á implantación do scouting no fútbol sala e no Burela FS. “Hoxe por hoxe, El Pozo é o equipo da LNFS que mellor traballa a estatística; está demostrando que con esta metodoloxía se obteñen resultados e por iso o resto dos conxuntos o están empezando a implantar como modelo”, dixo Haydee, que tamén fixo referencia ao Burela FS: “Dentro da disposición de medios e materiais no noso equipo, analizamos os rivais e a nós mesmas en vídeos de encontros, unha tarefa que asume en gran medida o adestrador, Javier Pardeiro, na que tamén lle boto unha man” concluíu.
LOCALIZACIÓN: IES Monte Castelo
HORARIO: 17.00 horas
Xoves 10 de maio
“O deporte adaptado”
Relatora: Hilda Rodríguez, ex-deportista paralímpica na modalidade de boccia
Xoves 24 de maio
“Psicoloxía no deporte”
Relatora: Juana Blanco, licenciada en Psicoloxía