Site icon Crónica3.com A Mariña

A XVI Feira Nacional de Gando Cabalar de Lago-Xove rematará cunha proba de habilidade de burros

16ª FEIRA NACIONAL DE GANDO CABALAR EN LAGO-XOVE

O vindeiro DOMINGO, 20 de maio terá lugar na Parroquia de Lago (NO NOVO CAMPO DA FESTA, ANEXO AO CENTRO SOCIAL DE LAGO), no término municipal de Xove, a XVIª FEIRA NACIONAL DE GANDO CABALAR organizada pola Asociación Equina “A Medela” de Xove.

A Feira vai comezar ás 10:00 horas coa apertura de mesa de inscripcións para todas aquelas persoas que queiran participar cos seus animais, e despois comezarán os distintos concursos, que en total van a repartir 3.000 euros en premios. (adxuntamos coa presente Nota o Programa de actividades cos distintos horarios dos concursos, e tamén adxuntamos as Normas do Concurso así como unha descrición da espectacular Proba de Barriles)

Os actos rematarán cunha PROBA DE HABILIDADE DE BURROS ás 19:00 horas e a entrega de premios e o sorteo dun bonito poldro.

Agradecer, por último, o patrocinio do Concello de Xove, a colaboración de numerosas empresas, Garda Civil de Xove, Protección Civil da Mariña, Cabaleiros e a tódolos espectadores.

Exit mobile version