Site icon Crónica3.com A Mariña

Acción Galega, Espazo Ecosocialista e +Galiza dan a coñecer o acordo de principios de cara a súa confluencia

COMUNICADO DE PRENSA DE ACCIÓN GALEGA, ESPAZO ECOSOCIALISTA E MÁIS GALIZA:
DIFUSIÓN PÚBLICA DO COMPROMISOxGALICIA

O pasado 15 de maio, as forzas Acción Galega, Espazo Ecosocialista e +Galiza chegaron a un acordo de principios sobre bases políticas e liñas programáticas, de cara á súa confluencia nun novo referente político para o noso país. Cumprindo o compromiso anunciado, ambos os textos están comezarán a ser difundidos a partir de hoxe para que sexan coñecidos pola cidadanía, ao tempo que se ofrece a esta a posibilidade de presentar as suxestións que estime convenientes.

A difusión e recolla de suxestións realizarase en primeiro lugar a través da rede, nos sitios das forzas que subscriben os documentos e mais nun blog específico: “COMPROMISOXGALICIA“.

Nos comezos do mes de xuño iniciarase un programa de presentacións e debates públicos dos documentos nas principais localidades galegas nas que participarán representantes das ditas forzas políticas.

Exit mobile version