Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto de recoñecemento público á figura de Xavier Rodríguez Baixeras en Ribadeo

Co gallo da celebración da XVIII Edición da homenaxe “O Escritor na súa Terra”, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza un acto de recoñecemento público á figura de Xavier Rodríguez Baixeras, que se desenvolverá na vila de Ribadeo o vindeiro sábado 2 de xuño, a partir das 11:30 da mañá. Posterior xantar de confraternidade, que compartiremos no Restaurante do hotel O Cabazo (Rúa Río do Amalló, 1)

Exit mobile version