ADEGA ANÍMATE A PARTICIPAR NO I CONCURSO DE CURTAMETRAXES POLO TERRITORIO
O I concurso “E tí qué é o que ves?” enmárcanse na Campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”.
O prazo para presentar as obras a concurso será o vindeiro 1 de Outubro.
Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía galega na reivindicación dunha ordenación territorial sustentábel na que se freen as ansias especulativas dos poderes privados sobre o territorio en conivencia coa administración pública, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural.
I Concurso “E tí qué é o que ves?”
As curtametraxes de ficción, documentais ou animación deberán dar mostra de exemplos de posta en valor da nosa cultura e territorio e/ou denunciar aquelas actuacións que agreden os mesmos.
Cada participante poderá presentar un máximo de catro creacións audiovisuais, dunha duración máxima de 5 minutos cada unha, que terán que enviar en formato DVD por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo; Ronda das Fontiñas nº 180 Entrechán, 27002 Lugo.
Establécese unha única categoría para este concurso e o prazo límite de presentación dos traballos remata o día 1 de Outubro de 2012.
As bases dos concursos pódense descargar da web de ADEGA, www.adega.info.