Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA convoca a segunda edición dos concursos de fotografías e relatos polo territorio

Segunda edición dos concursos de fotografías e relatos polo territorio que convoca ADEGA: Participa!

Lugo, 16 de maio de 2012. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO, MÓVETE POLO TERRITORIO”, cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril do pasado ano en Compostela, e débido ao éxito da primeira edición, ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías e de relatos para que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Ambos os dous concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Deporte da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Estes concursos pretenden facer participativa á cidadanía na reivindicación dun ordenamento territorial sustentábel para frear as ansias especulativas sobre o territorio, e na que se propoñan alternativas máis coherentes coa defensa ambiental, coa cohesión social e coa posta en valor do noso patrimonio cultural. O para enviar orixinais remata o 1 de outubro. Descarrega as bases dos concursos de [pdf] Fotografía 2012 e [pdf] Relatos 2012

II Concurso “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO”.

As fotografías deberan ter como obxecto mostrar os efectos de actividades humanas que supoñen unha agresión ao noso país xa sexa contra o patrimonio, a cultura, a paisaxe ou a identidade territorial. Tamén se poden enviar fotografías que amosen exemplos de posta en valor do territorio. Cada participante poderá presentar como máximo un total de 4 fotografías cos seus datos persoais e a localización xeográfica das imaxes, que poderán ser enviadas á organización ecoloxista a través do e-mail: culturaeterritorio@adega.info.

Establécense dúas categorías de participación: a xuvenil, ata os 16 anos, e a de adultos/as, para maiores de 16 anos.

O prazo para presentar as fotografías remata o día 1 de outubro do 2012.

II Concurso “O LUGAR ONDE VIVO”.

Os relatos curtos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato xire arredor das visións que a poboación galega ten sobre o lugar no que vive; como é, como foi, como quixeramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo, etc. Cada participantes poderá presentar un máximo de 2 relatos inéditos en lingua galega, que terá que enviar por correo postal ao enderezo de ADEGA Lugo (Ronda das Fontiñas, 180, entrechán, 27002-Lugo)

Para esta convocatoria tamén se establecen as categorías xuvenil e a adulto/a e o prazo límite de presentación das obras remata o día 1 de outubro de 2012.

As bases dos concursos pódense descargar da web de ADEGA, www.adega.info.

Exit mobile version