Site icon Crónica3.com A Mariña

Aeguran que a presión do PP fixo que se materializaran as obras de mellora na estrada provincial Orrea-Galegos de Riotorto

A presión do Partido Popular fixo que se materializaran as obras de mellora na estrada provincial Orrea-Galegos de Riotorto

 Candia lembra que o PP de Riotorto levou a pleno o arranxo “inmediato” da estrada provincial LU-P- 5505 Orrea-Galegos que estaba cortada por un socavón

Riotorto, 25 de maio de 2011.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, manifestou que as obras de adecuación da estrada provincial LU-P-5505 Orrea-Galegos en Riotorto, entre as que se incluía a execución da ponte de Santa Comba, materializáronse grazas á presión exercida por parte dos populares.

Candia lembrou cando, acompañada do voceiro do Partido Popular de Riotorto, José Luis Lourido López, coñeceu in situ a situación na que se atopaba a estrada LU-P-5505 que vai de ORREA a GALEGOS, titularidade da Deputación Provincial de Lugo, e que se atopaba cortada debido a un socavón existente aproximadamente no punto KM 0,58-0,60 da mencionada vía.

Ante tal situación, o grupo local do Partido Popular rexistrara unha moción e levara a pleno para solicitar ao goberno municipal que realizase as xestións oportunas ante a Deputación provincial para o arranxo “inmediato” do socavón existente no vial.

Segundo recorda a portavoz provincial, o socavón detectarase en abril de 2011, situación da que se desatendou a Deputación case durante una ano, sinalizando só a zona e procedendo a colocación dunhas planchas de ferro na calzada.

Unha actitude que demostraba un absoluto abandono e falta de compromiso tanto do goberno municipal como provincial cos veciños da zona de Orrea –Galegos, o que provocou un comportamento activo dos populares instando en pleno a adecuación do vial.

O corte da mencionada estrada supoñía un problema para os veciños da zona, non só debido ao perigo existente, senón tamén porque se vían na obrigación de desviarse por outra estrada e facer máis de 4 quilómetros de recorrido. Esta situación provocou que os veciños denunciasen a deixadez da Deputación nos medios.

Ante esta situación, Elena Candia mostrouse satisfeita polo arranxo destas obras pero lembra que foi a presión do PP o que fixo que a adecuación do vial e con el da ponte de Santa Comba, en Riotorto, esté executada

Exit mobile version