Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz presentou un variado programa de “sábados culturais” para o mes de maio

SÁBADOS CULTURAIS EN ALFOZ. MES DE MAIO.

Sábado, 5 de maio. Non haberá ningunha actuación, por haber dúas a fin de semana seguinte.

Sábado, 12 de maio. 18,30 horas. Campo de fútbol Municipal de Alfoz. Mostra folclórica. Participarán: “Arco da Vella”, de San Miguel; “Amado Lar” do Valadouro; “Feitizo”, de Foz, e “O Castelo”, de Alfoz. ORGANIZA: Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.

Domingo, 13 de maio. 20 horas. Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Actuación de Almudena Cuadrado, de Bacoi. Almudena interpretará cancións de La Oreja de Van Gogh, La Quinta Estación, Tamara, Mecano, etc.

Xoves, 17 de maio. 16,30 horas. Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Celebración do Día das Letras Galegas. Charla sobre o autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade, a cargo do profesor de Galego do Instituto Perdouro de Burela, Bernardo Penabade. Conferencia do escritor mindoniense Antonio Reigosa sobre “Os seres mitolóxicos de Galicia”.

Domingo, 27 de maio. 19,00 horas. Pavillón Municipal de Alfoz. Exhibición de Batuka a cargo de diversos rapaces de Burela, Foz, Valadouro… Xa actuaron noutros lugares da Mariña, en concreto no Pavillón Municipal do Valadouro.

Exit mobile version