1º Premio: Centro: IES Perdouro
Recollido: Malvin Luisa Pineda Matos – Moldelo: Amanda Raphaela Siqueira
Corte: Gelén Burgos Reyes – Modelo: Cristina López
Profesores: Nuria Fernández Torre e Javier Rouco Martínez
Repercusión na prensa Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2012/05/16/gala-glamor-fantasia/648965.html
O Trofeo Color Art de L’oréal está destinado ao alumnado do Ciclo Medio de Perrucaría, e froito do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e organizado de forma conxunta pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o departamento educativo da empresa L’Oréal para a posta en marcha do programa ‘Aprender ’.
No certame tomaron parte 10 centros de toda Galicia: o CIFP Someso da Coruña, O IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol, o IES Perdouro de Burela, o IES Muralla Romana de Lugo, IES A Pinguela de Monforte de Lemos, IES Laura Olmo do Barco de Valdeorras, IES 12 de Outubro de Ourense, IES Johan Carballeira de Bueu, IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra e IES de Teis de Vigo.
Ao longo da tarde os estudantes realizaron probas de corte e peiteado, e de recollidos artísticos de estilo creativo libre. Tras valorar o papel de todos os participantes, o xurado deu a coñecer a súa deliberación, e procedeu á entrega de premios. O galardón do concurso inclúe, ademais do referido trofeo, formación en corte, color e xestión dun salón de perrucaría.
Os tres primeiros premios foron para os institutos lucenses: Perduro de Burela, A Pinguela de Monforte de Lemos e Muralla Romana de Lugo.
O Trofeo Color Art ten como obxectivo crear unha dinámica de competición profesional que se inicia no interior de cada centro. Deste xeito preténdese achegar aos estudantes ao mundo profesional da perruquería.