Site icon Crónica3.com A Mariña

AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego organizan o Día Internacional do Comercio Xusto 2012

AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego organizan o Dia  Internacional do Comercio Xusto 2012 co lema
“Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”
Comunicado prensa. 3.05.12
Co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a
Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGO organizan a Semana galega
de comercio xusto cunha serie de actividades para visibilizar o impacto negativo das políticas
agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en
concreto en Galicia, como no Sur.
A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás
multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de
explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas.
Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos
grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.
A POLITICA AGRARIA COMUN
Nestes momentos, as institucións europeas, estatais e autonómicas están inmersas no proceso de
debate para a reforma da política agraria común (PAC). É un bo momento para poñer as bases
para inverter a situación e poñer en marcha unha nova no marco da Soberanía Alimentaria.
Unha PAC que respecte o dereitos de todos os pobos do mundo a decidir a súas políticas agrarias
e alimentarias. Unha PAC sen dumping fronte a terceiros; unha PAC que garanta prezos
remuneradores para as labregas e os labregos; unha PAC que aposte por modos de produción
respectuosos co medio, por alimentos sans e de calidade e por circuítos curtos de produción.
Co café como exemplo paradigmático de produto que se produce no Sur e se consume no Norte e
co leite como exemplo paradigmático de produto galego comercializado polas multinacionais,
queremos sensibilizar a cidadanía galega do abuso dos mercados e demostrar a viabilidade e a
posibilidade doutro mercado e comercio que respete a soberanía alimentar e o comercio xusto.
O CAFÉ. Convencional
É o segundo produto básico de maior comercialización mundial despois do petróleo. Só en España
consúmense cada ano 200 millóns de quilos de café. Un negocio controlado por 5 grandes
empresas multinacionais que xera 52.000 millóns de euros cada ano, dos que só o 10% chega aos
millóns de campesiños e campesiñas que cultivan o café nas súas terras de escasas hectáreas.O
seu prezo fíxase nas bolsas de Nova York e Londres. Así, por exemplo, 500 gr. de café de Etiopía
pódese chegar a vender por 15 euros en establecementos comerciais de Europa, mentres que
os agricultores reciben menos de 2 euros ao día polo seu traballo, un pouco máis do que nos
custa unha cunca de café.Por outra banda, a Organización Internacional do Traballo estima que a
man de obra infantil representa en torno ao 10% das persoas que traballan en plantacións de
café.
O CAFÉ. Comercio xusto.
Page 2
O Comercio Xusto garante un prezo estable aos grupos produtores e superior ao do mercado.
Un estudo da Plataforma Francesa de Comercio Xusto conclúe que neste sistema alternativo os
campesiños reciben un 17% do prezo de venta final, mentres que no comercio convencional é dun
5%. O Comercio Xusto garante que non se produce explotación laboral de nenos e nenas. Así
mesmo, o salario e as condicións laborais son equitativos para os traballadores e traballadoras,
e poténciase a participación da muller nos órganos de decisión. Por último, no Comercio Xusto as
técnicas de produción son ecolóxicas, non se empregan sustancias sintéticas ou transxénicas.
Deste xeito, respéctanse os ciclos da terra e a sostibilidade do ambiente.
(datos da Coordenadora Estatal de Comercio Xusto)
ACTIVIDADES QUE SE REALIZARÁN
Para visibilizar esta situación organizáronse as seguintes actividades en varias cidades galegas
vencelladas o Día Internacional do Comercio Xusto na que tamén participan outros colectivos onde
se exporán paneis informativos sobre as marxes das empresas da alimentación e o que se lle paga
ás produtoras, exposicións, mercados transparentes, de troco e conferencias:

MERCADOS TRANSPARENTES e MERCADIÑOS DE TROCO
en Ribadeo
Na que se exporán produtos locais das produtoras do sindicato labrego e produtos de comercio xusto
Domingo 13 de maio. Praza de Abastos. A partir das 11:30.
Participan: Amarante, Sindicato Labrego
MESA REDONDA: “Soberanía alimentaria. Multinacionais da alimentación frente a comercio local”
13:00 horas.
OBRADOIRO DE HIP HOP: “Comercio de armas. Cultura de Paz”.
11:30 horas.
EXPOSICIÓN: “O consumo responsable.”

OUTRAS ACTIVIDADES DENTRO DA SEMANA DO COMERCIO XUSTO
ORGANIZADAS POR AMARANTE

CHARLAS – COLOQUIO EN RIBADEO
Charla – coloquio: “A Política Agraria Común” . Martes 15 de maio. Ás 20:30 horas. Casa das Letras.
Charla – coloquio: “Finanzas éticas. Outra banca é posible?”. Mércores 16 de maio. Ás 20:30. Casa das
Letras

Exit mobile version