Ata limites de escándalo
Aquí reinan máis de medio cento, de múltiples sexos, en gobernos e oposicións, todos ben asalariados, algúns ata limites de escándalo, e nada. Non hai nada aproveitable. Parecen elementos clonados para parasitar alí onde non corran o risco de que a Lei se faga cargo deles.
Que suxeitos máis indesexables a quen naide chamou, salvo as súas organizacións que os apoian. E eles sen querer irse. Queren defenderte, a ti e a min, sen que llo pidamos.
Todos saben o que está mal. Todos din saber que facer para que non siga indo a peor. Ningún coñece o camiño para ir a mellor. Non se lles ocorre. Non saben que o contrario de baixar e subir. A eles chégalles con parar, co tu tamén, co tu máis, co de ir hoxe e volver mañá, co non ir, co ir e volver, co todo nun, coa incoherencia que os marca e os distingue como salvapatrias, previo cobro en efectivo ou asentamento futuro asegurado.
Que mala sorte a nosa por non facer nada. Aínda que estamos a tempo. Mentres agardamos a ausencia dos imbéciles.
Segundo S.