Site icon Crónica3.com A Mariña

Atletas do C.D. Egovarros acadaron dous ouros e unha plata no Galego de Milla en Ruta

DOUS OUROS E UNHA PRATA ACADARON OS ATLETAS DO
C.D.EGOVARROS-VIVEIRO NO CAMPIONATO GALEGO DE MILLA EN RUTA

O pasado domingo a Federación Galega de Atletismo organizou una localidade de Padrón o Campeonato Galego de Milla en Ruta, a proba tivo unha masiva participación de atletas de tódolos clubes Galegos . Por parte do Egovarros participaron 10 atletas, dos cales 3 subiron ó podium.
No apartado masculino proclamouse campión galego e novo record galego da proba de milla en ruta na categoría M70 Antonio Cabana.
No apartado feminino en W60 proclamouse campiona Francisca Romasanta, a súa compañeira en W55 Begoña de Arriba acadou o subcampeonato galego.

As próximas citas ás que acudirán os atletas do clube vivariense son: o campeonato de España de media maratón a celebrar en Cangas de Onís (Asturias) e o campeonato galego de pista ó aire libre a celebrar en Lugo

Exit mobile version