Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros acollerá o programa de dinamización lingüística Galego de cine

BARREIROS ACOLLERÁ O 2 DE XUÑO O PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA GALEGO DE CINE. A ACTIVIDADE ESTÁ DIRIXIDA A NENOS DE 6 A 12 ANOS. É PRECISO INSCRIBIRSE PORQUE AS PRAZAS SON LIMITADAS.

Barreiros, 26 de maio de 2012. Barreiros acollerá o vindeiro 2 de xuño a partires das 11 horas o programa de dinamización lingüística Galego de cine. A caravana desta interesante actividade estará ubicada nas inmediacións do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Trátase dunha experiencia audiovisual no cinema máis pequeno do mundo. A actividade está dirixida a nenos de 6 a 12 anos. As prazas son limitadas. Os interesados poden inscribirse na Oficina de Información Xuvenil de Barreiros.

En cada unha das 100 localidades galegas ás que se despraza esta caravana convertida en sá de proxección, os máis pequenos da casa disfrutan dunha selección das mellores curtametraxes en galego. Eles mesmos son os encargados de escoller os contidos da carteleira para, seguidamente ao visionado, valorar as súas peliculiñas favoritas. A finalidade é ofrecer unha actividade lúdica co galego com medio de comunicación normalizado, espertar o interese pola creación artística en galego, propiciar a adquisición de vocabulario novo e coidar a corrección lingüística, fonética e ortográfica.

Exit mobile version