Site icon Crónica3.com A Mariña

Campus de fútbol en Burela organizado por Oxem Sports

Convócase para o vindeiro xoves día 31 de maio ás 18,30 horas no Concello de Burela, a presentación do campus de fútbol que terá lugar nesta localidade do 22 ao 30 de xullo, organizado por Oxem Sports e contando coa colaboración e Patrocinio da Fundación Imdecum.

Estarán presentes o alcalde de Burela, D. Jose González Barcia, a concelleira de Deportes, Dª Beatriz Piñeiro López, o director do campus, D. Manuel Mosquera (ex-xogador do R.C. Deportivo), o xerente de Oxem Sports, D. Diego Villalba Fiallega e o xogador do R.C. Deportivo da Coruña, Jesús Vázquez.

Exit mobile version