Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro-Altair Burela organiza un acampamento de fin de curso

Na imaxe compoñentes da equipa directiva: Bruno Faustino Durán, Laura Ramos Cuba e Melisa Orbán Fernández

A Equipa Educativa oferta en Burela actividades semanais dirixidas a nenas e nenos de 8 a 18 anosEs posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

O Grupo de Educación nos Tempos libres Chao de Castro-Altair de Burela, pertencente á asociación Altair, organiza un acampamento para os días 23 e 24 de Xuño con motivo do peche do curso escolar, dirixido a nenas/os de 8 a 13 anos. A experiencia desenvolverase na Chancela, un lugar da parroquia de San Xurxo (Palas de Rei), onde nenas/os poderán convivir en contacto directo coa natureza. O custe da actividade é de só 35€ e inclue aloxamento, comidas, as actividades, o seguro e o transporte.

As nenas/os2 disfrutarán de diversos xogos e actividades no medio natural, realizarán excursións e veladas, ademáis de participar nas necesarias tarefas colectivas.

Ao acampamento do 23 e 24 de xuño tamén asistirán Sonia del Oro (monitora e profesora de Imaxe e Son) e Elías Torres (presidente de Altair e profesor e exvicerreitor de cultura da USC).

Chao de Castro-Altair convoca ás persoas interesadas a unha reunión informativa o vindeiro Sábado 2 de Xuño ás 19:00h na Casa da Xuventude de Burela.

Para máis información: 626739849; chaodecastro.altair.burela@gmail.com; http://chaodecastro.wordpress.com/ .

Exit mobile version