Site icon Crónica3.com A Mariña

Charla obradoiro sobre programas e axudas para mozas e mozos en Barreiros

XUNTA E CONCELLO ORGANIZAN UNHA CHARLA OBRADOIRO SOBRE PROGRAMAS E AXUDAS PARA MOZ@S, QUE SE DESENVOLVERÁ O VINDEIRO SÁBADO NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BARREIROS.

Barreiros, 21 de maio de 2012. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá o vindeiro sábado, 26 de maio, a partires das 11:30 da mañá unha charla obradoiro sobre Programas e axudas para moz@s. Está dirixida a rapaces e rapazas menores de 35 anos, que participarán nun obradoiro práctico sobre ensino, emprego, bolsas e axudas, información e formación, mobilidade, rede galega de información e documentación xuvenil…

Os interesados en acudir poden anotarse na oficina de información xuvenil de Barreiros, xa que as prazas son limitadas. Os participantes recibirán certificación oficial da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta.

Esta charla obradoiro está organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros.

Exit mobile version