Site icon Crónica3.com A Mariña

Compañía Resueltas actuou en Xove

O luns 21 de maio tivo lugar unha función de teatro no salón de actos do Centro Cívico de Xove a cargo da Compañía Resueltas, as cales trouxeron a Xove o seu espectáculo “Solistas”. Trátase dunha forma distinta de facer teatro, moi contemporánea, cunha escenografía moi básica, cunha soa silla no escenario. A esta función asistiron gratuitamente os/as alumnos/as do IES Illa de Sarón, xa que se trataba dunha función única e exclusivamente para eles. Tanto a organización coma o patrocinio da mesmo correu a cargo da Concellería de Cultura do Concello de Xove.

Exit mobile version