Page 1
CONCERTO
LETRAS GALEGAS 2012
BANDA DE MÚSICA
DE BURELA
www.bandadeburela.blogspot.com
5 de Maio
20:30 horas
Auditorio Municipal
Burela
Frautas:
Silvia Rozas Ramallal
Nerea Fernández Iglesias
Fagote:
Andrés Pérez Quiroga
Clarinetes:
Jose Carlos Díaz Lorenzo
Elena García Paleo
Ana Gay Fernández
Javier Oya Vidal
Xoel Geada Geada
Ana Otero Santo-Domingo
Saxofóns altos:
Samuel Rojo Álvarez
Gabriel Bermúdez Álvarez
Andrés Andrade García
Andrés Pernas Maseda
Saxofóns tenores:
Nuno García Pico
Denís Núñez Vázquez
Lucía Bouza Orosa
Trompas:
Álvaro Crego Deán
Ángel Gavela Martín
Albano González Cancio
Trompetas:
Jesús Javier García Díaz
Artur Penabade Cociña
Lucía Gavela Martín
Trombóns:
Bruno Valle Yáñez
Fernando Rgez. Raño
Bombardino:
Iago Rodríguez Hernández
Tuba:
Alberto Amat Salvador
Contrabaixo:
Mario Arranz Carreño
Percusión:
Israel Arranz Carreño
Daniel Arranz Carreño
Raúl Fernández Medina
Miguel André González Pardo
Banda de Música de Burela
Page 2
Breves notas ao programa
PROGRAMA
Non chores, Sabeliña! Trátase dunha das últimas zarzuelas galegas (se
cadra a última), sendo continuadora dunha tradición que tivera o seu
explendor no primeiro terzo do s. XX, en parte debido ao florecemento da
música nacionalista, o intenso cultivo do teatro galego antes da Guerra Civil
e a importancia dos coros galegos. É unha obra custumista, tal como indica
Trapero Pardo no limiar: “escribíuse para que o Coro gallego Frores e
Silveiras, de Lugo, tivese ocasión de apresentar unhas estampas e
personaxes típicos da provincia…” Na música, obra de G. Freire, podemos
atopar tres elementos principais que a caracterizan: a corrente folclórica
(muiñeiras, xotas, alalás…), a corrente zarzuelística española (duetti
cómicos de inspiración castiza) e partes de carácter marcadamente persoal.
Lugo-Ferrol. Gregorio Baudot, compositor nado en Colmenar Viejo en
1884, que se instala en Ferrol en 1910 para dirixir a banda de Infantaría de
Mariña, agrupación coa que acadará un grande recoñecemento na
sociedade galega, como o 1º premio no Certame Internacional de Bandas
de Música, celebrado en Vigo en 1915. Lugo-Ferrol é unha das súas obras
para banda máis coñecidas, aínda que tamén destacou como compositor
sinfónico con obras como o poema sinfónico Dolora Sinfónica (1915), a
ópera Cantuxa (1928), a zarzuela Mari Lorenza (1930) ou a misa Gloria in
excelsis Deo (1911). Lugo-Ferrol é un pasodobre sobre aires populares e
forma parte do repertorio habitual das bandas galegas.
A noite do Santo Cristo. Esta obra de carácter rapsódico, está inspirada
en temas populares do folclore galego. Durante moito tempo circulou na
súa versión manuscrita co nome de Poema Galaico, baixo a autoría de J.
Montañés. Os estudos de investigación actuais demostraron que en
realidade se trataba dunha transcrición que tería feito Montañés a partir da
obra de Cambeses, titulada A noite do Santo Cristo, rapsodia na que
aparecen os principais xéneros da música tradicional galega: alalás, xotas,
muiñeiras, foliadas… A versión que hoxe se interpreta é unha edición
transcrita e revisada polo musicólogo Luís Costa.
Negra Sombra. Balada Galega Nº 3. Estamos diante dunha das pezas
máis coñecidas da música galega. É tanto así, que deu en chamarse “o
segundo Hino Galego”. Composta orixinariamente por Xoán Montes como o
número 3 da Fantasía para grande orquestra e laureada co primeiro premio
no certame celebrado pola Sociedade “Aires d’a miña terra” da Habana,
axiña foi arranxada para banda (1892), orfeón e tamén para voz e piano
(1897). Na actualidade existen numerosas versións de grupos de distintos
estilos que van desde o folk ao pop e incluso o rock.
Burela. Pasodobre Galego. Trátase dun pasodobre de homenaxe a Burela,
vila de adopción do seu compositor, Israel Arranz. Aínda que de formación
clásica desde os seus inicios, actualmente Arranz centra os seus estudos no
mundo do jazz e a improvisación. Burela non é só unha homenaxe a un
lugar, quere ser tamén unha pequena homenaxe ás bandas de música
populares que tiveron un papel fundamental no desenvolvemento musical e
cultural de Galiza, e como non, tamén é unha homenaxe á banda de
Burela, da que Arranz formou parte desde moi novo.
Airiños Aires. Rapsodia Galega. Airiños Aires é unha das obras máis
interpretadas polas bandas galegas. Trátase dunha rapsodia na que
encontramos algúns dos motivos máis coñecidos do folclore galego, entre
os que encontramos alalás, xotas, foliadas ou muiñeiras.
Martiñika. Pasodobre-Xota. Composición de Roxelio Groba de clara
inspiración popular, caracterizada por unha forma e unha estrutura
harmónica sinxelas e por unha liña melódica moi recoñecible.
Roberto Bouça
Remitido