
Organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil “O Castelo” de Alfoz, coa colaboración do Concello, celebrouse o día 17 de maio, na Casa da Cultura, un acto cultural para celebrar o Día das Letras Galegas. Este acto comezou sobre as 16,30 e nel participaron, en primeiro lugar, Bernardo Penabade, profesor de Lingua Galega no Instituto Perdouro de Burela, que comentou diversos aspectos biográficos do autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade; e en segundo lugar o escritor mindoniense Antonio Reigosa, que disertou sobre seres mitolóxicos e lendas de Galicia.