Site icon Crónica3.com A Mariña

“Don Bernardo” en La Haya

“DON BERNARDO” EN LA HAYA


Vía Internet recibimos a mensaxe: “Después de un largo trabajo, tenemos el placer de anunciarte que nuestro Documental “La Guerra de Severo” será proxectado en La Haya (Países Baixos) en la Sala de Prensa del Penal Internacional para la ex Yugoslavia, el día 29 de maio.Un saludo, Juan Manuel Cañero”.“ La cinta cuenta la historia de Severo Éubel de la Paz,- en la clandestinidad-, un atípico guerrillero cuyos referentes eran Jesucristo, D. Quijote, Lenin y Gandhi. Maestro de profesión, revolucionario de vocación, participó en la Guerra Civil Española y una vez acabada ésta, continuó su lucha con increíbles acciones . Figura controvertida, su máximo objetivo era la paz y la reconciliación de España”. Ata aquí o texto recibido.

No noso libro “Miscelánea focense” contamos polo miúdo a vida singular do persoeiro, e decimos: “ A guerrilla de Madrid recibira golpes moi duros e acorda abandonar a capital (1943). Un camarada, conductor dun taxi de gran turismo, ofrécese a trasladalo á casa dunha familia coñecida súa, en Foz, establecéndose en Mañente, onde desenvolve, no mais riguroso anonimato, un importante labor docente e socio-cultural que lle val o respecto, o aprecio e a gratitude da veciñanza. Pero o 19 de xaneiro de 1956 unha nova conmove a bisbarra: “Bernardo Gonzalo Gil”, nome suposto, era detido en medio dun espectacular despegue da Garda Civil; e o home que se gañara as simpatías e o recoñecemento das xentes, trocouse de súpeto en personaxe enigmático, arredor do que se tecían as mais opostas versións. Condenado a pena de morte é conmutada por 30 anos.Voltou a Foz; a derradeira vez en agosto de 1993; compartimos, baixo teito amigo, mesa e manteis e longa conversa. Ó seguinte día, despedímonos: “Aquí tuve durante 8 años – dixo emocionado – mi paraíso”. Adolfo Lucas Reguilón, era o nome real. “La Guerra de Severo” que se presenta en La Haya foi mostrado en numerosas localidades do centro da península, escenario da faceta política e guerrilleira, e en Foz, con testigos da súa estadía, que interveñen no mesmo.

Exit mobile version