Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas rapazas do RCN de Ribadeo irán ao campionato de España de embarcación fondeada por equipos

DÚAS RAPAZAS DO REAL CLUB NÁUTICO DE RIBADEO ACUDIRÁN A MEDIADOS DE XULLO AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE EMBARCACIÓN FONDEADA POR EQUIPOS.

Ribadeo, 15 de maio de 2012. Dúas rapazas do Real Club Náutico de Ribadeo acudirán ao campionato de España de embarcación fondeada por equipos que terá lugar os días 14 e 15 de xullo en Xixón, segundo informa a sección de pesca do clube. Trátase da primeira vez na historia que vai a esta cita un equipo de mulleres. As ribadenses terán coma compañeiras a unha rapaza de Santander e a outra de Xixón.

Algeciras

O responsable da sección de pesca do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Pérez, participou a pasada fin de semana no campionato de España de pesca deportiva en embarcación fondeada, que se celebrou na bahía de Algeciras e no que se deron cita un centenar de pescadores. Nove acudiron desde Galicia, 1 de Ribadeo, 2 da provincia da Coruña e 6 da de Pontevedra. Pérez Tildou de perfecta a organización do campionato. O peixe capturado foi donado a Cáritas e ao Banco de Alimentos. Os galegos mellor clasificados quedaron nos postos 12, 28 e 64. Éste último foi para o representante de Ribadeo.

Exit mobile version