EcoGaleguistas entende que debe avanzarse a nunha nova cultura cooperativa e colaborativa no galeguismo político e na esquerda nacional
EcoGaleguistas diante do proceso de construción dun novo referente do galeguismo político e da esquerda nacional e diante da información vertida hoxe polo xornal La Voz de Galicia quere facer publico as seguintes puntualizacións:
1. Lamentamos que se siga mantendo a vella forma de facer politica con falla de transparencia e filtracións interesadas, esperamos que co tempo os metodos dos vellos partidos se superen e vaiamos a unha nova forma de facer política cooperativa.
2. EcoGaleguistas non ten candidat*s preferentes, ningún membro de EcoGalegusitas ten intención en participar en ningunha lista electoral e ademais entende que deben ser primarias abertas á cidadanía á que resolva esa cuestión. Por outra banda calqueira dos dous nomes aludidos: Xose Manuel Beiras e Teresa Taboas parecenos impecables candidatos e referentes políticos e electorais de primewira orde.
3. EcoGaleguistas non esta por construir un partido de centro senon de construir unha cooperativa política, en forma de federación de partidos, que posteriormente vaia camiñando cara a procesos de confluencia nun partido nacional da nova esquerda e do galeguismo político.
4. EcoGaleguistas aposta por un proceso desde abaixo, sempre que este sexa a partir dun pre-acordo de mínimos claro e unha metodoloxia multilateral, sustentada en asembleas locais e non en formular comarcais interpostas, tirando os muros culturais e ideoloxicos do que foi o antiguo BNG.
5. EcoGaleguistas apoiara todo proceso unitario que demanda a sociedade galega e asi vai seguir a traballar con quen queira, agora ben vai ser a asamblea constituinte de EcoGaleguistas do próximo 26 de maio a que resolva as alianzas deste partido.
6. Por último reiterar, unha vez máis, que a nosa aportación ao proceso é de ideas e de estilo e non estamos interesados en postos ou parcelas de poder.
www.ecogaleguistas.org
twitter: @ecogaleguistas
Colabora en: Caixa Rural conta nº 3070-0037-12-6087982424
Construír o galeguismo do século XXI desde a sustentabilidade ecolóxica, a xustiza social global, a cultura da paz e a radicalidade democrática