Site icon Crónica3.com A Mariña

Encontro do alcalde de Burela co cónsul honorario de Cabo Verde na Coruña

O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, mantivo un encontro co cónsul honorario de Cabo Verde na Coruña, Francisco Canabal. O rexedor fai unha valoración moi positiva da xuntanza na que se estudiaron as posibles relacións comerciais a establecer entre empresas de Burela e firmas caboverdianas. González Barcia dixo que “se trata do primeiro paso dun camiño longo que a todos nos gustaría que dese os seus froitos” e insistiu en que “nestes momentos de crise a labor do Concello tamén é axudar ás empresas asentadas en Burela”.

Exit mobile version