Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrada gratuíta o sábado para acompañantes de socios do Burela FS Pescados Rubén

ENTRADA GRATUÍTA PARA OS ACOMPAÑANTES DOS SOCI@S BURELISTAS, O SÁBADO 12

O Burela FS Pescados Rubén prepárase para a gran proba de lume da liga na máis que emocionante última xornada, coma sempre, arroupado pola súa fiel afección laranxa, que disporá de invitacións para acompañantes.

O vindeiro sábado, 12 de maio, o cadro laranxa xogarase o pase á que pode converterse na sétima oportunidade da súa historia, unha nova oportunidade de ouro, para coarse na elite do fútbol sala, co Fuconsa Jaén como inimigo defendendo a terceira praza do play off. O encontro dará comezo ás 18.00 horas, en horario unificado para a trixésima cita de Segunda División, en Vista Alegre

Para iso, cada socio/a burelista poderá acceder ao encontro cun acompañante de forma totalmente gratuíta; o único requisito será que esa persoa acuda ataviada con indumentaria laranxa.

Exit mobile version