EXCELENTES RESULTADOS DAS XIMNASTAS DE XOVE NO PROVINCIAL DE RÍTMICA DE RÁBADE
-Equipo Benxamín: clasificado 4º entre 7 equipos.
-Equipo Alevín: clasificado 1º entre 9 equipos.
-Equipo Cadete: clasificado 2º entre 6 equipos.
Polo tanto, os equipos Alevín e Cadete clasifícanse para o CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE RÍTMICA que se vai celebrar en Ourense o vindeiro sábado 2 de xuño. Foi unha mágoa que o equipo benxamín non se puidera clasificar, xa que unhas poucas décimas o separaron desa clasificación; en cada categoría, os tres primeiros equipos clasificados conseguían o acceso ao Campionato Galego.