Site icon Crónica3.com A Mariña

“Galicia en Foco” trae fotoxornalismo galego a sala de arte da Casa da Cultura de Burela

GALICIA EN FOCO

22º Edición “O FOTOXORNALISMO GALEGO”

Un ano máis , e xa van alá vintedous dende que se iniciou esta acertada aventura de “Galicia en Foco”, aquí estamos fieis á nosa cita con mundo da fotografía periodística.

Chega a Burela unha nova edición ,un desfile dos mellores traballos de destacados fotoxornalistas. É unha maneira diferente de ver e contar a realidade social, cultural e política de Galicia, cunha combinación perfecta de creatividade artística e de realismo fiel, con doses de ironía crítica e de sentido común.

A mostra pon de actualidade o traballo xornalístico dos fotógrafos galegos, e ó mesmo tempo permite resumir a actualidade do ano nun escaparate das mellores instantáneas afectuadas.

Galicia en Foco é un referente de todo aquilo que os mestres da cámara realizarón ó longo do último ano, fotografías que captan a profundidade dunha mirada, a beleza dun amencer. Dalgún xeito, nas fotografias de Galicia en Foco estamos todos nós retratados, desde os políticos que nos gobernan ata o paisano mais anónimo que os xulga; desde as rúas cheas de xente da cidade ata os camiños solitários da aldea; desde as festas ,ás desgrazas, pasando pola normalidade da vida diária dos nosos homes e mulleres.Son unha inmersión saudable nas augas da vida social galega.

A Delegación Municipal de Cultura amósase, un ano máis, moi satisfeita de organizar esta mostra en Burela que xa está consolidada como unha das máis importantes de Galicia. Que a disfruten é o que desde a Delegación Municipal de Cultura desexamos.

A exposición abrirá as súas portas o vindeiro xoves, 3 e permanecerá ata o 28 de maio na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela. O horario será de 9:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres.

Remitido

Exit mobile version