Site icon Crónica3.com A Mariña

FRUGA pide explicacións a Terneira Galega ante a non proclamación da súa candidatura

A FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA ESIXE EXPLICACIÓNS AO PRESIDENTE
DE “TERNEIRA GALEGA” POLO VETO ÁS ELECCIÓNS DO PROPIO CONSELLO
REGULADOR
A FRUGA solicitou unha entrevista co presidente de “Terneira Galega” para que nos explique os
argumentos xurídicos do propio veto
Lugo, 11 de maio de 2012. En febreiro deste ano, publicouse a convocatoria de eleccións para o
mes de xuño de 2012 para a renovación dos órganos de dirección dos consellos reguladores de
ámbito agroalimentario de Galiza. A Federación Rural Galega-FRUGA como organización
constituída para a defensa dos sectores productivos agrarios galegos, presentou, en prazo e
forma as súas propias candidaturas nos consellos reguladores máis representativos do País.
Dentro destes consellos reguladores, FRUGA presentou unha candidatura a “Terneira Galega”
(TG) a través dunhas das distintas asociacións profesionais agrarias, que están integradas na
propia FRUGA.
Pois ben, o consello regulador de TG dictou o pasado día dous de maio unha resolución pola cal a
candidatura presentada pola FRUGA era vetada no proceso electoral baixo argumentacións moi
pouco obxectivas, xa que facía referencia a cuestións ás que nin sequera se mencionan nas
propias bases da convocatoria de eleccións.
En base a isto, a FRUGA efectuou as oportunas alegacións e o propio consello regulador, ao non
atopar argumentos xurídicos para contrarrestar estas alegacións, e para non permitir a nosa
presenza no proceso electoral, na resolución posterior, o consello regulador de “Terneira Galega”
declárase agora incompetente para resolver. É dicir, nun primeiro momento posicionouse en
contra de que nos presentemos e agora afirma que non é quen de decidir se podemos o non
presentarnos.
Debemos ter en conta que a candidatura da FRUGA conta con numerosos apoios e que privar ao
preto de 7000 explotacións inscritas en TG que escollan de maneira libre e transparente os seus
representantes do censo de productores no consello regulador, por unha banda deslexitima o
propio proceso electoral e por outra, obriga aos candidatos da FRUGA e aos gandeiros que nos
mostran, cada vez máis o seu apoio, ante estas sospeitas de fraude, a chegar ata as últimas
consecuencias.
Por todo iso esperamos que o consello regulador de TG nos reciba e que nos explique os seus
argumentos para vetar unha candidatura que cumpre perfectamente cos requisitos necesarios
para presentarase á renovación en igualdade de condicións que o resto das candidaturas.

Exit mobile version