O intenso labor de control do IGC fai de Galicia a Comunidade que mais produtos con risco detecta e inclúe nas redes de alerta nacional e europea
GALICIA É UNHA COMUNIDADE LÍDER NA PROTECCIÓN AOS CONSUMIDORES ANTE PRODUTOS INSEGUROS
A presidenta do Instituto Galego de Consumo inaugura a reunión do Grupo Europeo de Investigación sobre a Responsabilidade Civil por danos acusados por produtos defectuosos
O IGC notificou 124, dos 610 produtos incluídos na rede de alerta nacional, é dicir, máis dun 20% do total
O obxectivo da Xunta é continuar avanzando na protección dos dereitos das persoas consumidoras, o que ten levado á Consellería a elaborar a Lei de consumo que mañá cumpre o seu primeiro mes de vixencia
Santiago, 31 de maio de 2012.- A presidenta do Instituto Galego de Consumo (IGC) da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, salientou hoxe que Galicia é unha Comunidade líder na protección aos consumidores ante os produtos inseguros, na reunión do Grupo Europeo de Investigación sobre a Responsabilidade Civil, que o Departamento de Dereito Común organizou en colaboración co IGC.
Nesta xornada sobre a responsabilidade polos danos causados por produtos defectuosos, Nava Castro destacou o intenso labor de control do IGC, que ten situado a Galicia como a comunidade autónoma que máis produtos con risco detecta e inclúe de alerta nacional (SIRI) e europea (RAPEX). De xeito que, durante o pasado ano, o IGC notificou 124, dos 610 produtos incluídos na rede de alerta nacional, é dicir, máis dun 20% do total.
A seguridade dos produtos postos ao dispor dos consumidores é uno dos principais obxectivos da Consellería de Economía e Industria. Esta estratexia converte a Galicia nunha das comunidades que maior empeño dedica aos labores de investigación en materia de seguridade dos produtos, contando con ferramentas como o Laboratorio Galego de Consumo, o único de titularidade pública dedicado en exclusiva á investigación neste campo, convertido a día de hoxe nun referente que conta con diferentes acreditacións que avalan a validez dos seus informes en distinta liñas diagnósticas.
Ademais, presidenta do Instituto lembrou que o obxectivo da Xunta é continuar avanzando no eido da protección dos dereitos das persoas consumidoras, o que ten levado á Consellería a elaborar unha lei de consumo que mañá cumprirá o seu primeiro mes de vixencia, e na que se inclúe un capítulo dedicado de forma exclusiva á protección da seguridade dos consumidores.