Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrouse en Burela a terceira xuntanza aberta na Mariña para a constitución da organización Novo Proxecto Común

Nota informativa da Xuntanza Aberta na Mariña

O pasado sábado día 26 de maio tivo lugar en Burela, ás 7 da tarde, a III Xuntanza Aberta na Mariña. Na mesma nomeouse unha Coordinadora provisional para organizar a IV Xuntanza, que será a constituínte da nova organización (o “Novo Proxecto Común”) na nosa comarca.

Esta coordinadora, composta por veciñas e veciños de Mondoñedo, Viveiro, Ribadeo, Alfoz, Lourenzá, O Vicedo, Barreiros, Burela, A Pontenova e Ferreira do Valadouro, ten tamén o encargo de propoñer e facilitar para o debate os textos polos que se rexerá a organización.

Na súa primeira reunión celebrada en Lourenzá, a coordinadora elaborou unha planificación coa previsión de que a asemblea constituínte poda celebrarse a finais de xuño, e acordou enviar unha representación á xuntanza de asembleas do Novo Proxecto Común que terá lugar o vindeiro sábado en Teo.

A coordinadora mantense aberta ao acceso de máis integrantes, especialmente no caso dos concellos que aínda non contan con representación na mesma, polo que anima a participar a todas as persoas da Mariña que avogan por un novo xeito de facer política en Galicia.

Exit mobile version