Site icon Crónica3.com A Mariña

Independientes de Viveiro pide axudas da Xunta para os afectados do Celeiriño

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:

MOCIÓN

SOLICITUDE DE AXUDAS PARA OS AFECTADOS DO CELEIRIÑO

No mes de Xaneiro de 2009 a ex-Conselleira de Vivenda da Xunta de Galicia Dª Teresa Táboas visitou o Concello de Viveiro, para reuníase cos representantes da Corporación Municipal e máis cos afectados, polo desastre no barrio do Celeiriño e para tratar de solucionar o gran problema que ocurrira no mesmo. Prometeu e cumpreu que para o próximo Consello da Xunta de Galicia, levaría a proposta explicada. E así foi, no Consello da Xunta de Galicia de data 21-01-2009 aprobabase a reserva de 1.503.216,50 euros para solucionar a situación do barrio do Celeiriño,

As actuacións consistirán na adquisición de oito novas vivendas para entregar ás familias afectadas pola deterioración dos seus inmobles, e no financiamento das obras de rehabilitación doutras 21 vivendas. Os terreos das oito vivendas que hai que demoler irán destinados a equipamentos públicos.

O Consello tamén aprobou a declaración de urxencia para poder facer efectivas o antes posible as axudas para os afectados.

A proposta da Consellería de Vivenda e Solo, de acordo cos informes remitidos no seu día polo Concello de Viveiro, inclúe unha dobre actuación en función do estado das vivendas. Por unha banda, subvencionar a adquisición de oito novas vivendas para entregar ás familias propietarias dos oito inmobles que se atopan en estado de total deterioración. O investimento total previsto ascende a 873.216 euros, é dicir, 109.152 euros para cada vivenda, contía que se corresponde co prezo que ten unha vivenda protexida de prezo xeral no concello de Viveiro.

O Concello de Viveiro será o responsable de buscar e adquirir estas oito vivendas en colaboración coas familias afectadas e a consellería aboará o importe ao concello unha vez que presente os correspondentes compromisos de contrato de compravenda. A cambio os propietarios deben ceder as actuais vivendas ao IGVS, organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Solo, que serán derrubadas e os soares resultantes serán destinados á dotación de equipamentos públicos.

Por outra banda, segundo os informes presentados polo concello, existe un segundo grupo de 21 vivendas afectadas que precisan obras de rehabilitación. Para este segundo grupo a proposta da consellería pasa por sufragar os gastos de rehabilitación destes inmobles con axudas de ata 30.000 euros por vivenda, o que supón un investimento total previsto de 630.000 euros. Neste caso, o concello deberá emitir un informe acreditativo de que esta é a solución máis acaída para estas vivendas.

A Consellería de Vivenda e Solo traballou nas últimas semanas para buscar a mellor proposta desde o punto de vista xurídico, tendo en conta que se trata dun problema ocasionado por unha empresa privada a uns particulares.

Máis adiante, no Consello na data 02-04-2009 modificábase a cantidade a 915.000 euros. O Goberno local remitiu á Consellería de Vivenda e Solo a opción de compra de sete das oito vivendas previstas, destinadas ás familias cuxas vivendas no barrio do Celeiriño deberán ser derrubadas. Unha das propietarias renunciou.

O investimento que aprobou o Consello da Xunta incrementouse en 41.784 euros debido a que se computou tamén o valor dun rocho e unha praza de garaxe para cada unha das vivendas.

Na citada visita da ex-Conselleira tamén se dixera de que se había máis vivendas afectadas unha vez se consolidase o barrio que terían o mesmo trato que as anteriores.

Agora, e despois de que rematen as obras que comenzaron a pasado día 14 de maio para o acondiconamento da rúa atalaia e coa posterior apertura do barrio, vaise ver realmente si existen maís vivendas que requiren ser demolidas ou tamén os arranxos no resto.

Por todo o dito, o partido Independientes de Viveiro, Solicita a aprobación do Pleno da Corporación Municipal de Viveiro, do seguintes acordos:

1º) Que unha vez avaliados os danos causados nas vivendas, Solicitar a Consellería de Vivenda da Xunta de Galicia:

a) No caso de que haxa que derribar algunha das vivendas, que se proceda a darlles o mesma solución e tratamento que os anteriores.

b) Que no caso das rehabilitacións se proceda á achega das axudas comprometidas no seu día.

2º) Remitir as distintas forzas políticas representadas no Parlamento de Galicia o acordo para o seu tratamento.

Exit mobile version