Site icon Crónica3.com A Mariña

Independientes de Viveiro presenta unha moción contra a eliminación dos partidos xudiciais na Mariña

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, presenta a seguinte:

MOCIÓN

CONTRA E ELIMINACION DOS PARTIDOS XUDICIAIS NA COMARCA DA MARIÑA LUCENSE.-

Despois das noticias que saíron nos medios de comunicacion a primeiros deste mes de Maio, da intención do Consello Xeral do Poder Xudicial, da reducción de máis da metade dos partidos xudiciais en todo o estado español, dende Independientes de Viveiro, estimamos que esta proposta, no caso da nosa provincia de reducir a dous os nove Partidos Xudiciais que actualmente hai na mesma, na nosa zona da mariña, dous, Mondoñedo e Viveiro, vai supoñer unha merma importante nos dereitos fundamentais dos ciudadáns, e que entendemos que non ten como fin a racionalización da Administración de Xusticia, que bastante colapsada se atopa dende ai anos, senon a reducción económica nos gastos. Asi mesmo vemos unha falta de conexión entre o Ministerio de Xusticia e as Consellerías Autonómicas, e como exemplo o Sr. Rueda Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, anunciou o pasado mes de Xaneiro que invertirián 200.000 euros en reformas e rehabilitación nas dependencias dos Xulgados de Viveiro, que a esta data ainda nada se ten feito. Asi mesmo haberá una importante reducción de plantilla e traslado xeográfico obligatorio dos traballadores e traballadoras, e con esta medida, veranse afectados os negocios (comercios, hostelería, etc…), en torno os Concellos de cabeceira dos Partidos Xudiciais que se queren suprimir.

Por todo o dito, o partido Independientes de Viveiro, Solicita a aprobación do Pleno da Corporación Municipal de Viveiro, dos seguinte acordos:

1º) Rexeitar a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial da reducción e eliminación de partidos xudiciais na nosa provincia, e en especial na mariña lucense, mantendo os dous que existen na actualidade, Mondoñedo e Viveiro, e instar o Ministerio de Xusticia e O Goberno da Xunta de Galicia, a buscar verdadeiras e consensuadas alternativas que permitan una optimización dos recursos sin recortar en un servicio público esencial, como son os xulgados.

2º) Que se faga extensivo este acordo e enviar ás Corporacións Locais afectadas, na zona da mariña de Lugo, para que mostren o seu rechazo a este proyecto do CGPJ, si o estiman oportuno.

Exit mobile version